Mostrando entradas con la etiqueta Nenos Soldado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nenos Soldado. Mostrar todas las entradas

martes, 21 de marzo de 2017

CONCURSO NENOS SOLDADO

Xa temos aquí os traballos do alumnado de 5º e 6º que participou no concurso dos Nenos Soldado. 
Moitas grazas ao alumnado participante e ao profesorado por tratar esta temática tan delicada e dura. 


Estes foron os traballos gañadores:

1º premio: Ismael Bourtal, 5ºC
 2º premio:  Roi Martínez Sanjurjo, 5ºC
3º premio: Javier Allo Ramas, 5ºC

Finalistas:
- Candela Ramos, Celia Rega e Uxía Rodríguez, 6ºA

- Iago Barral, Candela Rama, Andrés Florentino e Noa Pérez, 6ºA
- Miguel López Ramas, 5ºC
Moitas grazas!!

miércoles, 15 de febrero de 2017

DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADOS.

O día 12 de febreiro conmemórase o "Día Mundial do Neno/-a Soldado". Este día pretende ser un día de reflexión sobre a situación que están a vivir miles de nenos e nenas que están a ser utilizados nos conflictos armados privándoos dunha infancia digna.
Estímase que en todo o mundo hai 300.000 pequenos en 17 países que son explotados para participar en conflitos armados. É por iso que o noso centro non quere pasar por alto esta situación e decidiuse levar a cabo unha pequena actividade de concienciación co alumnado de 1º e 2º.
Nesta presentación podedes ver unha pequena mostra.



DÍA DOS NENOS E NENAS SOLDADOS. by Slidely Slideshow

Moitísimas gracias a tódolos titores/-as que fixeron un esforzo por tratar este tema tan delicado con rapaces e rapazas tan pequenos e un agradecemento moi especial para Marga que adicou o seu tempo, de xeito altruísta, para seguir concienciándonos sobre esta terrible inxustiza.