Ola a toda a Comunidade Educativa do CEIP "Ponte dos Brozos"!
O tema de
Convivencia comprende un campo moi amplo e dá pé para realizar moitísimas
actividades en colaboración co alumnado, o profesorado pais/nais, persoal non
docente, Concello e diversas entidades e asociacións.
Copiamos relación de
actividades previstas para o curso escolar 2015 – 2016.
Ao longo de todo o
curso desenvolveremos actividades relacionadas cos Dereitos Humanos a través
de: Rede de Escolas polos Dereitos Humanos, Red de Escolas asociadas á Unesco, O Concello, Mestura, Ecos do Sur e
outras entidades. Haberá un acto global, e despois información puntual para
traballar nas aulas que o soliciten.
20 de Novembro Dereitos dos Nenos/as
25
Novembro Violencia de Xénero. Acto colectivo
10
Decembro Dereitos Humanos
12
Febreiro Nenos Soldado
8 Marzo Muller
4
ao 8 de Abril VI Semana Intercultural
Xa estamos traballando sobre Muller,
Refuxiados......Estaredes informados/as
No hay comentarios:
Publicar un comentario