miércoles, 3 de febrero de 2016

DÍA DA PAZ, 2016

Este ano, no colexio celebramos o Día da Paz o venres 29 de xaneiro, no patio de entrada ao Pavillón de Educación Infantil. Houbo dous elementos importantes: a música e as palabras.
A canción elixida foi  “Marea de gente” de Macaco. A música axúdanos a disfrutar dun día tan importante, nos divirte e contribúe a sentirnos mellor nunha celebración tan destacada na que festexamos a solidariedade e desexamos a paz.

O outro elemento que non pode faltar son as palabras, as verbas de Paz. Este ano seguindo a boísima idea que tiveron as profesoras de EI, colocamos as nosas mensaxes  e desexos de paz nun entramado construído para a ocasión.
Na seguinte presentación podedes ver unha pequeniña mostra do que foi ese día.

DÍA DA PAZ 2016 by Slidely Slideshow

No hay comentarios:

Publicar un comentario