martes, 31 de octubre de 2017

CARTAS DE APOIO A MÉXICO


O noso centro quixo unirse á iniciativa da Rede de Escolas da Unesco que organizou unha recollida de cartas para enviar a escolas mexicanas afectadas polos terribles terremotos acontecidos no mes de setembro e que deixou sen escolas e fogares a moitos nenos e nenas. 


Con isto queremos facerlles chegar as nosas condolencias e os nosos desexos de volta á normalidade o antes posible.
MOITO ÁNIMO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario