Dende o curso 2015/-16 o noso cole forma parte da coñecida como
"redPEA" (rede do Plan de Escolas Asociadas á Unesco).
Actualmente, supón unha rede mundial con máis de
11.000 escolas acreditadas en 182 países.
Os obxectivos principais xiran entorno a 4 alicerces
básicos:
- aprender a coñecer
- aprender a facer
- aprender a ser, e sobre todo...
- aprender a vivir
xuntos.
A redPEA
contribúe ao logro de obxectivos mundiais e nacionais que na actualidade se
plasman no documento: "Educación 2030: Declaración de Incheón".
Os compañeiros e compañeiras das escolas do País Vasco elaboraron un vídeo que explica cal é a Axenda 2030 e cales son os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable que xiran en torno a IGUALDADE, ao PLANETA, a PROSPERIDADE, a PAZ e as ALIANZAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario