domingo, 17 de noviembre de 2019

VIII ENCONTRO DE ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO

O pasado xoves 14 de novembro tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o VIII Encontro das escolas asociadas a Unesco. Un encontro anual que ten como finalidade compartir experiencias, proxectos e vivir unha xornada de convivencia con outros rapaces e rapazas da rede de escolas. 
Como vedes na imaxe Kawtar e Aitor foron os encargados de expoñer ao resto de asistentes parte dos proxectos que levamos a cabo no cole. Parabéns aos dous por enfrontarse con tanta valentía e explicar tan ben o traballo de todos e todas. 
Despois do xantar tivemos un anaco para poder ensinar os proxectos de realidade virtual pero o tempo non nos chegou a nada! Unha mágoa!
Pola tarde chegou o momento de participar nos diferentes talleres que a organización tiña preparados. Escritura creativa, medio ambiente, valores e deportes, experimentos e música foron algúns deles. 
Foi unha xornada moi divertida que esperamos poder repetir o vindeiro curso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario