jueves, 11 de febrero de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe, 11 de febreiro, celébrase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e os maiores do cole tivemos a oportunidade de conectarnos a unha mesa redonda virtual da RCSI (Rede de Centros Singulares de Investigación). Catro investigadoras contáronnos nesta charla a súa experiencia laboral, que investigación están levando a cabo na actualidade (sobre o ADN, aparatos para curar enfermidades como o cancro,...) e as dificultades que puideron atopar polo camiño para chegar a onde están, pero a mensaxe que nos transmitiron as catro, quedounos moi clara: o maior obstáculo para alcanzar os teus soños, es ti mesma se pensas que non serás quen de conseguilos. Se queres, podes!

Ao final houbo unha rolda de preguntas e aproveitamos para preguntar algunha dúbida que tiñamos e que, moi amablemente, nos resolveron. Damos as grazas ao CiMUS (Centro de Investigación Médica) quen fixo posible que tiveramos a oportunidade de coñecer a estas mulleres investigadoras cuxas profesións nos pareceron tan interesantes.

Agardamos ter máis sorte a próxima vez coa conexión xa que non tódalas aulas interesadas puideron participar, unha mágoa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario