Co gallo do Día Internacional da Muller o CIM de Arteixo convocou un concurso de fotografía para alumnado de 5º e 6º de E.P. dos coles do Concello.
Un dos obxectivos do concurso era o de promover a reflexión sobre o papel da muller na sociedade e desenvolver condutas igualitarias desde unha perspectiva de xénero.
Varias alumnas do noso centro participaron e Andrea López, de 6º D, alzouse co premio neste nivel. Parabéns para ela e a súa profe! Aquí está a súa foto "PARANDO O MACHISMO"
Moitas felicidades tamén ao resto de participantes polas creacións tan orixinais e creativas que fixestes. Aquí as tedes!
6º NIVEL
5º NIVEL
No hay comentarios:
Publicar un comentario