Hoxe tivo lugar unha das “quedadas” que máis apetecen, a da residencia de maiores do Concello. A aula de 5ºC estreábase nesta actividade e podemos decir que foi tan gratificante e divertida coma a da semana pasada con 6ºC.
Sempre hai moitas cousas das q falar pero estes días, tanto nenos coma maiores, estiveron investigando sobre as Letras Galega e quixeron poñerse a proba sobre os coñecementos das diferentes personalidades homenaxeadas no día das nosas letras.
Saíron todos gañadores e gañadoras!
Compartimos con vos tamén o “Pasapalabra” que fixo a aula de 6ºC para que vos poñades a proba ao igual q nenos e maiores! (Picade na imaxe e empezade a xogar!)
No hay comentarios:
Publicar un comentario