martes, 14 de diciembre de 2021

NA PEL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Que pasa si temos que comunicarnos e non o podemos facer con palabras? Que acontece se temos que ir pola rúa pero non temos boa visión? Que sucede se temos algunha dificultade para camiñar e o temos que facer por un lugar cheo de obstáculos? 

Pois estas foron algunhas das situacións que viviu o alumnado de primaria nas actividades realizadas co galo do Día Internacional da Discapacidade que tivo lugar o 3 de Decembro. 

Poñernos na pel das persoas con diversidade funcional axúdanos a comprendelas e a empatizar coas dificultades que se poden atopar nun entorno que moi a miúdo está cheo de barreiras. Barreiras que non son só físicas como pensamos a cotío senón que tamén son comunicativas, cognitivas ou sociais.

Alumnado signando o seu nome en lingua de signos.
Alumnado intentando recoñecer obxectos só co tacto
 
Facendo de guías

Comunicándose con pictogramas
O profesorado de Educación Física de 4º a 6º tamén se sumou a esta iniciativa e propuxo ao alumnado varias actividades que podedes ver nesta compilación que fixeron para todos nós (clicade na imaxe!). Grazas! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario