Esta semana o Club de Ciencia do CEIP Ponte dos Brozos participou no IX Encontro Galego da Rede de Escolas Asociadas á Unesco, integrada por preto de 17.000 centros educativos de todo o mundo. Preto de 70 alumnos e alumnas de dez dos centros galegos tiveron a oportunidade de asistir ao Pazo da Cultura de Pontevedra e desfrutar deste encontro que tiña por lema "Deporte e Paz”.O noso alumnado de 6º de Primaria deu boa conta dos traballos que se realizan no Club e que tratan de concienciar sobre o coidado do medioambiente. Parabéns!!!
|
Xan Cousillas participou no discurso inaugural.
|
|
Fiorella Acurso encargouse de expor o traballo realizado no Club de Ciencia. |
E tamén houbo tempo para o lecer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario