O pasado venres xuntámonos para ler o manifesto pola paz que se elaborou desde as Rede de Escolas Asociadas da UNESCO da que formamos parte.
Como é posible que unha nova guerra se desencadee en
Europa despois de sufrir dúas guerras mundiais?.
Por que unha vez máis debemos facer fronte ao fracaso
da convivencia?.
Non hai nada que xustifique o padecemento do pobo de
Ucraína pola invasión e ataque de Rusia, un acto que viola o dereito
internacional, a convivencia pacífica e o diálogo. Non debemos esquecernos
doutras guerras invisibilizadas (Xemen, Palestina, Sáhara, Siria, Iraq ou
Libia) porque poñen en perigo a toda a
humanidade.
A guerra tamén ameaza directamente o dereito á
educación das nenas e dos nenos. NON DEBEMOS ESQUECER XAMAIS QUE A EDUCACIÓN É
UN DEREITO UNIVERSAL E O ACESO AO COÑECEMENTO DEBE SER PÚBLICO. A educación é a
ferramenta que garante un futuro equitativo, xusto, libre, sustentable e
pacífico.
Por todo isto a Rede de Escolas Asociada da UNESCO
quere sumarse ao NON A GUERRA, pide ás Nacións Unidas e aos países que freen
esta violencia, que abran mesas de diálogo, que preserve as vidas e os bens do
pobo ucraíno. Esta guerra ten que rematar xa, cada día que pasa suma máis vítimas,
máis dor, máis desarraigo, máis refuxiados e refuxiadas e pon en perigo a toda
a humanidade.
Porque non hai guerras xustas ou inxustas, só TRISTES
GUERRAS.
Porque a solidariedade, a cooperación, a empatía e a
paz deben ser as ferramentas do noso futuro común.
Porque as nenas e os nenos, en todos os lugares, teñen
o dereito inviolable de seren protexidos, de asistir as súas escolas, de estar
coa súa familia e amigos, de non vivir baixo o terror dos bombardeos, de gozar
do benestar e a paz necesarios para medrar libres, felices e seguros.
Porque ninguén “nace odiando senón que se aprende a facelo”
(Nelson Mandela)
No hay comentarios:
Publicar un comentario