Hoxe fixemos o ingreso da recadación dos marcapáxinas solidarios de Save the Children.
Grazas a todos e todas conseguimos xuntar 1001,13 €. Nesta edición os cartos van destinados a programas contra a desnutrición infantil no Corno de África, unha das rexións máis pobres do mundo onde a fame é unha ameaza constante. Ademais sofre unha seca sen precedentes debido ao cambio climático e hai máis de dous anos que non chove o que supón falta de auga potable e morte do gando.
Moitas grazas a toda a comunidade educativa por acoller sempre tan ben as accións solidarias organizadas polo cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario