Observa-acción
O CEIP Ponte dos Brozos participa no programa de Innovación educativa de Observa-Acción co fin de promover a innovación educativa e o coñecemento das diferentes metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe. Por este motivo, desde o Departamento de Orientación deseñou coa clase das rás de Educación Infantil unha sesión de Ioga.
Pártese así da idea de que a orientación tamén é colaborar, asesorar e observar para conseguir o benestar do alumnado.
Moitas grazas á clase das rás, fixechedelo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario