jueves, 30 de noviembre de 2023

Formación en SAAC

 Formación en SAAC

  Grazas a @logo.vida por facer posible a formación deste martes sobre linguaxe natural asistida. Foi un pracer compartir información, coñecemento, pautas que agora nos tocará aplicar nas nosas aulas. 


 #departamentodeorientacion  #sac # #sistemasaumentativosdecomunicación





lunes, 20 de noviembre de 2023

Día da ciencia

 Día da ciencia

 A clase dos pingüíns celebrou o día da ciencia cunha actividade conxunta coa Residencia de maiores. Os máis pequenos ensináronlles como funcionaban os robots e tamén realizaron debuxos para ver despois coa luz negra. Foi toda unha experiencia, sen dúbida temos que repetir!


 #equipodeconvivenciapdb 






martes, 14 de noviembre de 2023

Colaboración contra o cancro

 Colaboración contra o cancro

 Comezamos este curso cunha acción solidaria na que colaborou todo o noso alumnado e profesorado xunto coa Residencia de maiores de Arteixo. Cada un de nós elaborou unha flor que foi doada á Asociación contra o Cancro. Todas as persoas que vaiades á cea solidaria o próximo 18 de novembro poderedes ver e disfrutar do noso traballo! 

  

 #equipodeconvivenciapdb 






lunes, 19 de junio de 2023

Patios inclusivos

 

  Patios inclusivos

 Cremos que a mellor maneira de aprender é a través do xogo. O xogo permítenos aprender a relacionarnos cos demais, interactuar, resolver conflitos, traballar as esperas, as quendas... Por todo isto, este curso  púxemos en marcha os patios inclusivos en 4º e 5º de Educación Infantil. Colaborou connosco o alumnado de 5º de Educación Primaria nunha experiencia que foi moi enriquecedora para todas e todos.Aquí tedes un pequeno resumo do proxecto. 

#porunmundomáisinclusivo #equipodeconvivenciapdb


 

jueves, 15 de junio de 2023

  Colaboración coa residencia de maiores e a Asociación contra o cancro de Arteixo

A semana pasada a clase das rás de Educación Infantil participou nunha tarefa moi especial, colaborar coa Asociación contra o cancro de Arteixo. Maiores, nenos/as e familias traballamos conxuntamente para realizar "Almofadas de corazón", un pequeno coxín que está indicado para ser empregado polas mulleres recén operadas de cancro de mama.  




Estas almofadas, realizadas pola clase das rás e pola residencia de maiores, serán entregadas á asociación contra o cancro na inauguración do novo local. 

Moitas grazas pola vosa participación!

viernes, 2 de junio de 2023



  Impresións en 3D

Hoxe probamos a impresora 3D da biblioteca do noso centro. Foi todo unha experiencia! Nuns días ensinaremos o noso proxecto. 





 

martes, 16 de mayo de 2023

Residencia de maiores de Arteixo

  Residencia de maiores de Arteixo

O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de compartir uns días cos maiores da Residencia de Arteixo. Con eles aprendimos diferentes xogos e cancións populares. Pasámolo moi ben xuntos!