Para a celebración do Día da Paz todos e todas cantamos o tema "Hey Jude", traducida e versionada polo profesorado de música.
Dende megafonía representantes de cada nivel leron os seus manifestos pola paz:
4º de Educación Infantil, Gabriela:
A paz é risa
5º de Educación Infantil, Santi:
A paz é xogar cos amigos.
6º de Educación Infantil, Ivanna:
Ver corazóns na Lúa e xogar coas estrelas
1º de Educación Primaria, Ainhoa:
Non basta con falar de paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila.
2º de Educación Primaria, Paula:
Para que haxa paz no mundo, debe haber paz nas nacións
Para que haxa paz nas nacións, debe haber paz nas cidades
para que haxa paz nas cidades, debe haber paz entre os veciños
Para que haxa paz entre os veciños, debe haber paz nas casas.
Para que haxa paz nas casas, debe haber paz nos corazóns
3º de Educación Primaria, Alejandra:
Educar na igualdade e o respecto é educar contra a violencia.
4º de Educación Primaria, Uxía:
Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño.
5º de Educación Primaria, Roi:
A paz non é algo que desexas, é algo que creas, algo que fas, algo que es... A paz non é so felicidade, é respecto ao que non é coma min.
O segredo non é correr detrás das bolboretas senón coidar o xardín para que elas veñan cara ti.
Fagamos do mundo un lugar mellor con paz e amor!
6º de Educación Primaria, Nerea Barreiro:
Os homes e mulleres construímos demasiados muros e non suficientes pontes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario