"Versos de muller" é unha recompilación de poemas escritos por mulleres. Con ela quixemos conmemorar dous días moi importantes do mes de marzo: o día 8, Día Internacional da Muller e o día 21, Día da Poesía.
Buscando poetisas, coñecendo as súas biografías, lendo e recitando os seus poemas fomos conscientes do papel relevante que teñen as mulleres neste xénero literario.
Ademais, a poesía danos a oportunidade de xogar coas palabras, desenvolver a imaxinación e facernos máis conscientes dos nosos sentimentos. Como di a escritora Carmen Conde a poesía é "o sentimento que lle sobra ao corazón e que sae pola man".
Entre todo o cole conseguimos elaborar este poemario que recompila poemas de distintas poetisas que, en maior ou menor medida, dedicaron ou dedican parte da súa obra aos máis pequenos.
Ademais disto tamén temos unha pequena exposición dedicada a estas poetisas. Cada unha delas ten un código QR no que podemos ver a diferentes alumnos e alumnas recitar algunha das súas poesías. Podedes ver estes vídeos neste enlace: VERSOS DE MULLER
No hay comentarios:
Publicar un comentario