domingo, 28 de abril de 2019

MENOS BOLSAS!

A rapazada de 6ºB participou estes días no concurso promovido pola Xunta de Galicia para escolares consistente en deseñar un logo para as bolsas reutilizables de merenda que o vindeiro curso teremos nos colexios, coa finalidade de reducir o uso do plástico, tan pernicioso para o noso planeta. Elaboraron os seus debuxos dixitalmente e seguindo a condición do concurso: so podían utilizar dúas cores, sendo unha delas o negro. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra dos traballos. Agardamos que vos gusten e... moita sorte aos participantes!




 

No hay comentarios:

Publicar un comentario