O pasado luns 6 de maio tivo lugar no cole unha charla formativa impartida por Paloma López, membro da asociación Chrysallis. Dita asociación está formada por familias con fillos e fillas transexuais que, de xeito voluntario, dan apoio e asesoramento a outras familias. Ademais disto forman a diferentes colectivos profesionais como é o caso dos docentes.
A transexualidade é unha realidade que cada vez está máis presente. Aínda que non é un feito de recente aparición si é novo o xeito que temos de abordar e atender as necesidades deste colectivo.
Nesta xornada repasamos e actualizamos os nosos coñecementos acerca de termos como a identidade de xénero, orientación sexual e a expresión de xénero. Termos ben distintos e moitas veces confundidos ou mal empregados.
Serviunos tamén para reflexionar e romper mitos asentados na nosa sociedade así como para coñecer de primeira man cales son as necesidades que presenta este alumnado e como podemos atendelas.
Esta formación do profesorado compleméntase coa recibida polo alumnado de 5º e 6º que tivo lugar a finais de abril.
Moitísimas grazas a Asociación Chrysallis e parabéns por tan encomiable labor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario