Esta semana na clase de 4ºC estivemos a falar da cumbre do clima, COP25, que se está a celebrar en Madrid e pareceunos interesante unirnos a unha proposta do colectivo “Madres por el clima” que consistía en escribir unha carta para expoñer nun mural no pavillón verde da sede da COP25. Nesa carta os nenos e nenas manifestaron as súas peticións aos gobernantes que alí se están reunindo. Mandamos un formulario co texto e unha foto de cada carta. No noso pavillón tamén fixemos o noso propio mural. Aquí vai unha mostra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario