lunes, 9 de diciembre de 2019

TALLER DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A SÍNDROME DE DOWN

Hoxe as aulas de 2ºE de Educación Primaria e 6ºD de Educación Infantil tiveron a visita de Alberto Bello Grela, responsable da área educativa da Asociación Down Coruña. 
A través do xogo e do conto "Por cuatro esquinitas de nada" Alberto fixo reflexionar ao alumnado sobre os cambios que temos que facer para acadar unha inclusión real das persoas con algún tipo de discapacidade, ou como máis nos gusta denominarlles, persoas con diversidade funcional. 
A formación e a sensibilización non é necesaria só nos nenos e nenas senón que o profesorado tamén precisa unha formación continua. É por iso polo que esta mesma Asociación virá en xaneiro a impartir un taller ao profesorado que nos permitirá achegarnos máis ás necesidades que ten o alumnado con Síndrome de Down.

No hay comentarios:

Publicar un comentario