sábado, 20 de marzo de 2021

FOLGA POLO CLIMA

O pasado venres 19 de marzo o movemento ecoloxista Xuventude polo Clima (Fridays for Future) organizou unha folga internacional co lema "Non máis promesas baleiras". Con esta folga pretendeuse esixir aos líderes internacionais medidas concretas, inmediatas e ambiciosas en resposta a actual crise climática. 

No cole a celebramos o xoves 18 e aquí tedes unha escolma dalgúns dos momentos e das pancartas que se elaboraron para tal fin. Para poder vela preme na imaxe.

MANIFESTO
Hai cinco anos, os líderes mundiais asinaron o Acordo de París e prometeron manter o aumento da temperatura moi por debaixo dos 2ºC e intentar deixalo en 1,5ºC para salvagardar as condicións de vida futuras.
Desde entón ocorreron moitas cousas. Estes cinco anos foron os máis cálidos rexistrados, tamén emitimos máis de 200 xigatoneladas de CO e estamos a sufrir unha gran pandemia causada pola destrución dos ecosistemas. Pero seguimos sen ver a acción inmediata e necesaria.
Levamos moito tempo distanciándonos da natureza, gastando demasiados recursos, maltratando ao planeta, o noso único fogar, vivindo como se non houbese un mañá. A este ritmo alcanzaremos 1,5ºC en 7 anos, moito antes de conseguir os nosos obxectivos no 2030 ao 2050. Pero hai esperanza porque a xente aínda non está ben informada. Non podemos resolver unha crise sen tratala como unha crise. Temos que comprender a emerxencia, así que, fagamos que sexa a nosa prioridade principal. Unámonos e difundamos a información. Cando todos sexamos conscientes da situación poderemos actuar. Entón o cambio chegará. Esta é a solución. Nós somos a esperanza. Nós, a xente.

Greta Thunberg


No hay comentarios:

Publicar un comentario