lunes, 22 de marzo de 2021

TAN DIFERENTES COMO IGUAIS

Foi en novembro de 2011 cando Nacións Unidas aprobou esta a data do 21 de marzo como un símbolo en referencia á trisomía do par 21 que da lugar á coñecida Síndrome de Down. 

Este ano Down Galicia lanzou a campaña “Tan diferentes como iguais”,  para poñer en valor as diferenzas e dar visibilidade ao feito de que non hai dúas persoas iguais. Todos somos diferentes e recoñecer esas diferenzas axúdannos a ser máis tolerantes, solidarios e a enriquecer á sociedade. 

Diferentes niveis do cole quixeron sumarse a esta iniciativa co obxectivo de valorar o esforzo das persoas coa síndrome de Down para superarse cada día e para procurar  empatizar e non poñer barreiras de ningún tipo, especialmente as barreiras sociais. Estas barreiras fan referencia aos obstáculos mentais e actitudinais que mostramos cando os sobreprotexemos, os rexeitamos ou mostramos indiferenza xa que facemos que se sintan menos capaces e menos incluídos. 

A inclusión non é unha tarefa doada, pero é unha tarefa de todos e todas. 

Para visualizar que todos somos diferentes pero iguais ao mesmo tempo, diversas aulas visualizaron a proposta enviada por Down Galicia que podedes ver nesta ligazón e sacamos fotos coa proposta dos “Calcetíns desparellos”. Aquí tedes algunha:

Alumnado de E.I.
 
Alumnado de 1º de E.P.

Alumnado de 2º de E.P.

Alumnado de 3º de E.P.

Alumnado de 5º de E.P.

No hay comentarios:

Publicar un comentario