miércoles, 13 de octubre de 2021

PORQUE A PRIMEIRA "R" É A REDUCIÓN

Comezamos o curso con folgos renovados e moitas ganas de seguir traballando e educando para facer consciente a toda a comunidade educativa da importancia e a urxencia de coidar o medio ambiente. 

Queremos continuar un curso máis co programa "Recreos Residuos Cero" promovido polo colectivo Teachers for Future e recordar a todo o alumnado, ás familias e ao profesorado de que a redución de residuos é o primeiro que temos que lograr para ser respectuosos e respectuosas coa nosa contorna. 

Podemos comezar coas merendas do recreo! Lembrade utilizar envases retornables coma friameiras para evitar envolver os alimentos en plásticos ou papel de aluminio, e cantimploras para non ter que tirar tódolos días unha botella de plástico. 

O Equipo de Convivencia Escolar coa axuda do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e de alumnado de 6º elaboramos este vídeo que explica o importante que é reducir e como podemos facelo. 

SÚMATE AOS RECREOS RESIDUOS CERO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario