O pasado venres dedicamos parte da mañá a coñecer a Convención sobre os dereitos dos nenos e das nenas. Dita Convención foi proclamada e adoptada pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de novembro de 1989. Nela establécense os dereitos de todos os nenos e as nenas, pero tamén as obrigacións dos Estados, os poderes públicos, os pais, as nais e a sociedade no seu conxunto, incluídos os propios nenos e nenas, para garantir o respecto deses dereitos e o seu goce por todos os nenos sen distinción de ningún tipo.
Debuxando, xogando e investigando o alumnado vai familiarizándose con todos eses dereitos polos que traballamos toda a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario