Que larga se fixo esta espera... pero por fin volvemos a encontrarnos!
Rapazada de 5º e 6º de E.P. puideron volver a compartir un anaco da mañá cos maiores da Residencia de Maiores do Concello.
Aproveitamos para charlar e para coñecer o traballo que leva a cabo un dos usuarios, Juan, que nos sorprendeu con diferentes maquetas de faros que elaborou el mesmo durante o confinamento. Non lles faltaba detalle! Sorprendeu a pequenos e maiores e aínda sorprendeu máis todo o que sabe sobre cada un deles e todas as anécdotas que compartiu sobre as súas viaxes a diferentes lugares de Galicia e do resto do mundo.
Os nenos e nenas tamén aproveitaron para ensinarlles as maquetas que estiveron a facer sobre o Sistema Solar así que foi un momento moi emotivo e enriquecedor.
E como mostra de agarimo e do importantes que son estes encontros para ámbalas dúas partes fixemos un intercambio de agasallos co fin de ternos presentes mutuamente en moitas máis ocasións.
Soubo a pouco este encontro así que xa estamos pensando no seguinte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario